Leria da semana

"Como lle chamas ti a esta festa que se celebra por estas terras os días 25 de Xullo e que ten tantos nomes case coma o país?"


Para poderes participar respondendo as nosas preguntas tes que estar conectado/a. As preguntas vellas xa non admiten respostas.

latuneirolatuneiro (2009-11-29 20:44:25)
A festa dos galegos.. Pulpo para xantar, caldo para cenar. Na nosa casa sempre e festa logo...
fadamorganafadamorgana (2009-11-25 23:55:11)
25 Xis ! (25-X. Día da Patria)
bealnobealno (2009-09-08 18:47:43)
Día da madria galega. Polo do matriarcado.
luarluar (2009-08-29 00:32:49)
Santiago Apóstolo...Eso escoitéi dende cativa...
xantoxinhaxantoxinha (2009-08-27 22:22:18)
Simplesmente, o 25. Patria conleva a aceitación do patriarcado, así que se lle debería chamar Día da Nazón
trisceleetriscelee (2009-08-27 17:14:55)
supostamente Dia de Galiza
anxelicaanxelica (2009-08-27 16:51:40)
eu toda a vida crin nisto que me contaron: Segun a tradición, o Apóstolo Santiago estaría en Galicia durante sete anos e logo regresaría a Oriente, onde foi martirizado no ano 44. Os seus discípulos trasladarían o seu corpo a Galicia. O rei Alfonso II de Asturias ordenou no século IX a construción dun santuario sobre a tumba do Apóstolo e en 1175 o Papa Alejandro III instituyó a Orde Militar de Santiago. Actualmente, os peregrinos seguen chegando a Santiago polo mesmo camiño que se utilizaba na Idade Media, especialmente o Ano Santo ou Jacobeo, que se celebra cando a festa de Santiago, o 25 de xullo, cae en domingo.
remrem (2009-08-23 20:23:04)
O Santiaguiño...o dia en q todos os galegos se sinten mais galegos
werlwerl (2009-08-23 20:16:39)
Día da Patria Galega ou Dia de Galicia, cada un q lle chame como queira.
berengueliñaberengueliña (2009-08-09 07:48:46)

I sen dúbida: PATRÓN DE ESPAÑA

berengueliñaberengueliña (2009-08-09 07:45:46)

SANT-IAGO APÓSTOLO

candpalleirocandpalleiro (2009-08-08 23:02:44)
eu penso que a maioria da xente non da importancia a o nome que teña ese dia, a pregunta quem se fai a xente sobre ese dia e:¿e festivo?
maxamaxa (2009-08-03 00:44:37)
non, que non che enganaron Anxelica, pero dálle tempo ao santiño, que coas cagadas que se esta mandando o pp en Galicia, ten a axenda completa. Pra min é o dia de Galicia, que de santos, esta cheo o ceo.
anxelicaanxelica (2009-07-30 19:29:23)
entón enganáronme desde que nacín, eu receille ao santito e el non estaba alí....Agora, ¿quen cumprirá os milgros que lle pedín?
anxelicaanxelica (2009-07-30 17:25:45)
Para min, tamen o 25 de xullo é o Día da Patria Galega, porque representa más os meus sentimentos que unha festa relixiosa
anxelicaanxelica (2009-07-30 17:24:33)
tamén contábanme da festa que se facia polas rúas, co desfile dos "cabezudos"
anxelicaanxelica (2009-07-30 17:23:42)
se é unha lenda o unha realidade iso non o sei, cda un crerá o que queira crer
anxelicaanxelica (2009-07-30 17:22:24)
se é verdade ou non que o apostolo Santiago estivo alli, si está enterrado baxo o altar
anxelicaanxelica (2009-07-30 17:21:06)
cando ían á Catedral e vían o famoso "botafumeiro"
anxelicaanxelica (2009-07-30 17:08:11)
os membros da miña familia, todos nacidos en Compostela, nunca foron relixiosos practicantes. Con todo, sempre me falaron do 25 de xullo, como o Dia do Apostolo Santiago
anxelicaanxelica (2009-07-30 17:00:52)
25 de xullo
augasolaugasol (2009-07-30 13:37:30)
DIA DA NAÇÃO GALEGA ! ou DIA DA PÁTRIA, GALIZA ! +++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++ muito sério, sem nenhuma retranca : ----> (o dia do santo que nunca existiu e que os Reis de Castela e sua córte (sim, córte!) inventaram para chantar em Compostela os seus mais fortes aliados contra o Reino de Galiza : a sotainada padresca e os inerrarráveis Príncipes da dita Igreja Católica, Apostólica Romana que, por acaso, eram todos .... Castelhanos.... ) " GALIZA ASOBALLADA ! " (++) para mim, o País, a Nação Galega, só tem um, um único nome ===» GALIZA ! e ! GALIZA VIVE EM NÓS !
augasolaugasol (2009-07-30 13:32:25)
DIA DA NAÇÃO GALEGA ! ou DIA DA PÁTRIA, GALIZA ! +++++++++++++++++++++++++++++++++ muito sério, sem nenhuma retranca : ----> (o dia do santo que nunca existiu e que os Reis de Castela e sua córte (sim, córte!) inventaram para chantar em Compostela os seus mais fortes aliados contra o Reino de Galiza: a sotainada padresca e os inerrarráveis Príncipes da dita Igreja Católica, Apostólica Romana que, por acaso, eram todos .... Castelhanos.... " GALIZA ASOBALLADA ! "
axavaxav (2009-07-29 16:53:35)
Pois daquela eu proponho também os nomes: "Dia de conhecer a gente nova muito interessante". "Dia de ver a amigos/as com quem há tempo não batia". ou "Mais um dia do verão no que -entre outras opções- posso ir à praia... que venha com bom tempo!!!" :D
casdeirocasdeiro (2009-07-29 08:56:37)
...tamén coñecido como "Día do Festigal" e partir deste ano, "Día da Ciberchurrascada".
casdeirocasdeiro (2009-07-29 08:55:26)
"Día do País que se celebra o día do seu santo patrón, personaxe que nin pasou por aquí nin está enterrado onde din e cuxa capital leva o nome do tal fulano"
terraterra (2009-07-27 23:43:56)
eu tan so lle estou a dar a miña particular opinión que non é nin dogma, nin moito menos unha imposición. Aghora ben, a min, ocórrese outro nome: "Día do licor café" porque nos chigres da Carballeira corre que nin diola! E digo eu, cada quen -como indica a pregunta- que lle chame como lle pete. Iso si, para min,´foi, é e será O DÍA DA PATRIA GALEGA! Por certo, sen acritude! Saúde e saúdos!
axavaxav (2009-07-27 19:16:39)
E logo não os há de ter???!!! Eu mais do que crer acredito :-) Cuido que a pergunta de facto era como lhe um chama, dada a variedade de nomes :-)
etiqueteiroetiqueteiro (2009-07-27 17:23:12)
Pois eu creo que si que ten varios nomes, Terra: "Día de Galicia", "Día da Patria", "Día de Santiago", "Día do apóstolo"...
axavaxav (2009-07-27 10:27:34)
Eu decote lhe chamei Dia da Pátria, mas de rapaz ia aos fogos do Apóstolo.
eveeve (2009-07-26 00:07:14)
eu sempre lle chamei o dia do apostol...
terraterra (2009-07-23 22:08:35)
Non, perdón, nomes so tén un, o que ocorre é que hai quen anda adispersas para confundir! As galegas e os galegos, chamámoslle "Día da Patria", 25 de xullo de cada ano que coincide co patrón do País, Santiago, ou, o que sería moito máis acaído, San Iago! LEDO DÍA DA PATRIA!