Este sitio web é responsabilidade da Asociación Cultural Fillos de Galicia (citada no que segue como A.C.F.D.G.), rexistrada co nº 505/00 no Rexistro Central de Asociacións da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia e mais co nº 568589 no Rexistro Nacional de Asociacións do Ministerio do Interior español, e recoñecida como Centro Colaborador da Secretaría de Emigración da Xunta de Galicia. Os datos de contacto da A.C.F.D.G. son C/ Francisco Gómez, 61, 1º B 48902 Barakaldo España NIF: G15761620 Tel.: (+34) 881 972208.
A A.C.F.D.G. comprométese a non divulgar os datos das persoas rexistradas por medio deste web e a os usar exclusivamente para os fins implícitos no propio funcionamento do web, isto é, posta en contacto entre persoas con gustos afíns.
Segundo o disposto na Lei española de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD), informamos de que os datos persoais recollidos por nós son rexistrados nunha base de datos, que a existencia desta e as súas características foron comunicadas á Axencia de Protección de Datos do Goberno Español, onde figura inscrita co código 2072250524. Tamén informamos de que calquera persoa rexistrada nesa base de datos ten dereito a acceder aos seus contidos para consultar, modificar ou cancelar os seus datos. Para exercitar os seus dereitos deberá enviar unha mensaxe solicitándoo á protecciondatos@etiquetal.com.
Advertimos de que as mensaxes publicadas polos membros por medio do web non son datos de carácter persoal, e se no contido dalgunha desas mensaxes eles publican voluntariamente algún dato dese tipo, a A.C.F.D.G. non se fai responsable do seu tratamento. Recomendamos polo tanto encarecidamente aos membros que non poñan ao público en ningún lugar do web datos persoais deles nin de terceiros.
Tampouco se fai responsable a A.C.F.D.G. do uso que se lle poida dar ao sistema de mensaxería interna que emprega o portal, o cal non é controlado polos responsables técnicos do web nin moderado de forma algunha.
Os usuarios ao faceren uso dese sistema aceptan que se extraian dos asuntos ou cabeceiras das mensaxes as palabras máis frecuentes, dunha forma anónima e agregada estatisticamente, para ser recolleitas na capa do web. Tamén aceptan facer un uso honesto do sistema de mensaxería e non empregalo para actos delictivos ou ilegais.
Calquera queixa que un/ha usuario/a poida ter a causa dunha mensaxe molesta, ofensiva ou ameazante enviada por outro/a usuario/a, débeo notificar a abuso@etiquetal.com para tomarmos as medidas pertinentes.
A A.C.F.D.G. resérvase o dereito de cancelar de maneira imediata e sen aviso previo a subscrición ao web de calquera usuario que incumpra as normas aquí descritas ou calquera norma básica de netiqueta, tal e como é definida na Wikipedia. Tamén se reserva o dereito a encetar posibles accións legais contra os usuarios que abusen do sistema.
Como norma xeral fica prohibido utilizar este web e especialmente o seu sistema de mensaxes internos, para:
Os usuarios comprométense tamén a facer uso exclusivamente da lingua galega nos apartados textuais do web, nomeadamente a frase de usuario/a, as etiquetas e os asuntos das mensaxes, admitíndose en calquera normativa ortográfica.
Os usuarios unicamente poderán realizar un uso privado e persoal do web. Está absolutamente prohibido, o uso do web con fins comerciais non autorizados pola A.C.F.D.G. ou que sexan ilícitos.
Co fin de mellorar as prestacións do web, a A.C.F.D.G. resérvase o dereito, en calquera momento e sen previa notificación aos usuarios, de modificar, ampliar ou suspender temporalmente a presentación, configuración, especificacións técnicas ou servizos do web, de forma unilateral. Igualmente resérvase o dereito de modificar en calquiera momento as presentes condicións de uso así como calquera outras condicións particulares.
A A.C.F.D.G. non se fai responsable dos posibles perxuizos que poida ocasionar aos usuarios que se rexistren no web a perda ou sustracción das súas contrasinais de acceso.
O rexistro no web está prohibido a persoas menores de 18 anos.

- Realizar actos ilegais.
- Facer publicidade.
- Enviar contidos obscenos, difamatorios, ameazadores, abusivos, insultantes, que promovan o odio, o racismo ou a intolerancia.
- Menoscabar a imaxe das mulleres, dos menores, ou calquera outro colectivo.
- Enviar mensaxes en cadea ou esquemas de negocio piramidal.